COUSATECA



FUNDAMENTACIÓN:

Nestes tempos tan revoltos onde as necesidades apremian, vivimos as lamentables consecuencias dun sistema capitalista que non deixa títere con cabeza e que atenúa mais que nunca a insolidariedade, cremos que este proxecto, baseado na autoorganización, ten unha maior viabilidade e que pode ser unha ferramenta útil para a sociedade en xeral.

DENOMINACIÓN:

A Cousateca consiste nun banco de cousas útiles e de necesidade para a vida cotiá que ten por obxecto ofrecelas para o uso da comunidade. Isto é, unha rede de préstamos onde calquera individuo ou colectivo poida ceder cousas ou procurar cousas que nalgún momento poida necesitar sen ter que mercalas.

OBXECTIVOS:

·         Crear alternativas contra o capital.
·         Fomentar a conciencia de comunidade, de grupo.
·         Destruír o individualismo.
·         Potenciar a autoorganización.

DESTINATARIOS:

Persoas maiores de dezaoito anos de idade. ( polo tema dos cartos)
No caso de colectivos, unha persoa en concreto terá que sinalarse como responsable.

METODOLOXÍA:

Cada persoa ou colectivo que participe na COUSATECA poderá ceder cousas de dous xeitos: rexistrando a súa cousa de forma física ou virtual. Isto é:


  • De xeito físico, dispoñemos dun pequeno almacén cedido por un centro social o Madia Leva (r/ Serra de Ancares).
  • De maneira virtual, rexistrar o noso obxeto a traves do seguinte correo electrónico (asembleiaanticapitalistalucenseARr0basapo.pt) e incorporarase ao rexistro virtual publicado na páxina web da Asamblea Anticapitalista(lugoanticapitalista.blogspot.com.es). Así, se alguén precisa algo rexistrado de xeito virtual, terá que pórse en contacto coa persoa que o cede.

O rexistro consiste en facer unha descrición detallada da cousa que se cede co fin de que se ten algún defecto quede rexistrado nun primeiro momento, os datos persoais da persoa que o cede, por se houbera que porse en contacto, e porlle ou non un depósito económico, có fin de non perder ese obxeto. A fianza ou depósito económico funciona da seguinte forma: a persoa ou colectivo que queira coller prestada algunha cousa con depósito terá que aboar a cantidade de dito depósito que se lle devolverá ao entregar o obxecto tal e como se lle foi prestado e no prazo de tempo acordado.

Para coller unha cousa prestada tense que cubrir un documento (descargar aquí) onde se recollen as normas de préstamo, os datos persoais, o prazo de tempo e a sinatura, có fin de que entende as condicións e acepta o compromiso.O tempo de préstamo será establecido por ambas partes.


Na páxina "cousas" podes consultar todos os obxectos que están a túa disposición.

TEMPORALIZACIÓN:

Este proxecto comezá a súa andaina en Abril do 2013.

Dispoñemos dunha hora a semana, os martes de 20 a 21h para efectuar os préstamos ou rexistrar cousas novas de xeito físico no C. S Madia Leva (onde temos o almacén).

SEGUIMENTO E AVALIACIÓN:

Farase un seguimento e avaliación continua nas xuntanzas semanais que fai a Asamblea Anticapitalista os martes as 20h no C. S Madia Leva.

Sem comentários:

Enviar um comentário